As concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística poñen en marcha o programa “De landras a carballos”, con actividades infantís para participar en familia

As concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística continúan a traballar en diferentes iniciativas coas que queremos contribuír á crianza positiva, igualitaria e libre de violencias, empregando o galego como lingua de relación, expresión e afecto. Froito desa colaboración xorde De landras a carballos, un proxecto de sensibilización e acompañamento ás familias que reúne diversas propostas […]
Evencio Ferrero cesará o 4 de outubro como alcalde e concelleiro despois de 22 anos no goberno e de 46 como membro da corporación municipal

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presentou este mércores 1 de outubro a súa renuncia como alcalde e concelleiro, unha decisión moi meditada que “obedece a motivos estritamente persoais” e que ten moito que ver, como el mesmo dixo, coa súa recente xubilación laboral ao cumprir os 70 anos. “Pensando no mellor para Carballo, é […]
Xosé A. Touriñán estará o venres 3 de outubro no FIOT co espectáculo “Aquí tou!”

O Festival Internacional Outono de Teatro e Ainé Producións lamentan comunicar a cancelación da estrea absoluta do espectáculo Territorio Regueifa prevista para o venres 3 e o sábado 4 de outubro no Pazo da Cultura de Carballo. O espectáculo era o encargado de abrir o Programa de Sala da 34ª edición do festival, pero non […]