A web oficial do concello de Carballo

O plan director dos barrios da Granxa e O Hospital establece as condicións para o desenvolvemento urbanístico e a mellora ambiental e da mobilidade nun ámbito integrado por 23 rúas

Presentación plan director barrios A Granxa e O Hospital

No marco da Estratexia de mellora e xestión do espazo público e da mobilidade no concello de Carballo, no ano 2020 iniciamos a elaboración do plan director dos Baños Vellos co obxectivo de definir as necesidades urbanísticas e de mellora da mobilidade no espazo urbano integrado polas rúas Ourense, Lugo, Pontevedra, Estrela e Baños Vellos. […]