A web oficial do concello de Carballo

O alumnado do curso de xestión de chamadas de teleasistencia participará nun proxecto piloto de atención telefónica coas asociacións Afaber, Apem e Aspaber

Presentación proxecto piloto de teleasistencia

As entidades sociais Afaber, Apem e Aspaber, co apoio do Concello de Carballo, impulsan a campaña informativa Cada chamada conta, cada persoa importa, un proxecto piloto de atención telefónica para persoas vulnerables que estará atendido polo alumnado do curso de Xestión de chamadas de teleasistencia que estamos a impartir no Fórum dentro do plan de […]

O goberno municipal traslada á deputada provincial de Obras a necesidade de mellorar a mobilidade na rede viaria da Deputación

Reunión con Mónica Rodríguez

A deputada provincial de Infraestruturas Viarias e Obras, Mónica Rodríguez, achegouse ata Carballo para seguir traballando en distintos proxectos de mellora da mobilidade rodada e peonil na extensa rede viaria provincial que existe no noso concello. Desde o goberno municipal, representado pola alcaldesa en funcións, Belén Lendoiro, e un bo número de concelleiros e concelleiras, […]