A web oficial do concello de Carballo

Iván Martínez Dubra, novo oficial da Policía Local

Toma de posesión do oficial da Policía Local Iván Martínez Dubra

Iván Martínez Dubra vén de tomar posesión como oficial da Policía Local nun acto celebrado na Alcaldía e ao que asistiron, ademais de Evencio Ferrero, o concelleiro de Policía, Juan Seoane; a secretaria municipal, Marina Núñez; o xefe da Policía, Pedro Cancela, e varios compañeiros/as do axente.