A web oficial do concello de Carballo

As bibliotecas municipais de Carballo superan xa as 10.000 persoas usuarias

Biblioteca Rego da Balsa

As bibliotecas municipais constitúen un dos principais referentes culturais do noso concello, como demostran as 53.555 visitas que recibiron o ano pasado. Nestes momentos, entre Rego da Balsa e Agra de Campos suman 10.115 persoas inscritas, é dicir, máis do 30% da poboación. O 2024 foi un ano de moita actividade no departamento que dirixe […]