Andrea Espiñeira Forcada e Rosalía Macías Tarrío asinan o cartel do San Xoán 2025, que recolle os elementos máis simbólicos da nosa festa

Andrea Espiñeira Focada, ferrolá residente en Mallorca, e Rosalía Macías Tarrío, natural de Oleiros, asinan o cartel do San Xoán 2025. A imaxe captura a esencia das nosas festas a través de elementos tan simbólicos como o lume, as flores, as herbas ou o espírito do verán. “Cando o fixemos non pensamos máis que en […]
O Consello da Cultura Galega celebra en Carballo o seu Concerto das Letras 2025 en recoñecemento á riqueza do canto tradicional na nosa comarca

A 15ª edición do Concerto das Letras Galegas do Consello da Cultura Galega (CCG) celebrarase este ano en Carballo en recoñecemento á riqueza que o canto tradicional ten tanto neste concello coma na comarca bergantiñá. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, xunto co alcalde da localidade, Evencio Ferrero, presentaron en rolda de prensa o programa […]