O alumnado do “Obradoiro Lubiáns” comeza a instalación do mobiliario en edificios públicos de Carballo e Coristanco

O alumnado do Obradoiro Lubiáns comezou a instalación do mobiliario solicitado polas entidades de Bértoa para o centro social da parroquia, que agora poderá contar cunha pequena biblioteca e equipamento para a zona de almacén e cociña. A concelleira de Cultura, Maruxa Suárez, responsable dos centros sociais, achegouse para ver o resultado. O proxecto, impulsado […]
A veciñanza de Artes disporá dunha gran praza de 2.250 metros cadrados xunto á igrexa

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; a concelleira de Cultura e Festas, Maruxa Suárez, e o concelleiro de Servizos, Miguel Vales, visitaron hoxe as obras do campo da festa de Artes, no que estamos a realizar un investimento de 149.523,33 euros dentro do Plan Único POS+. A actuación, que executa a empresa Gestal y López, […]
Descubre aquí a programación da Concellaría de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística arredor do Día do Libro

A Concellaría de Bibliotecas, Arquivos e Normalización Lingüística ten preparada unha ampla e variada programación para celebrar o Día do Libro. Como vén sendo habitual, arredor do 23 de abril desenvólvese a Semana do Libro e a Lectura, que acada a maioría de idade cunha chea de propostas didácticas, divertidas e diversas coas para seguir […]
A Xunta de Goberno Local aprobou subvencións nominativas a dez entidades deportivas por un importe total de 119.500 €

A Xunta de Goberno Local aprobou na xuntanza celebrada este luns 7 de abril a concesión de subvencións nominativas a dez entidades deportivas e a sinatura dos convenios correspondentes por un importe total de 119.500 euros. O reparto das axudas realizouse do seguinte xeito: