O Concello de Carballo pon en marcha unha nova campaña para frear o depósito incontrolado de residuos voluminosos

“PARA TODO O QUE NON TEN CABIDA NO CONTEDOR NIN NA NATUREZA HAI ESPAZO NO PUNTO LIMPO” O servizo de recollida de lixo está a colocar nos puntos de vertidos ilegais carteis informativos sobre as vantaxes que ten utilizar o punto limpo Para todo o que non ten cabida no contedor nin na natureza hai […]
Aberto do 24 de marzo ao 26 de maio o período voluntario para o pagamento dos recibos de IVTM, vaos e lixo de vivendas
Por resolución da Alcaldía nº 751/2025, do 12 de marzo, téñense aprobado os Padróns Fiscais correspondentes aos seguintes tributos: Taxa pola prestación do servizo de recollida, transporte e tratamento de lixo e residuos sólidos, na súa modalidade de vivenda. Importe total do padrón: 1.653.208,30 € (18.558 recibos). Taxa pola reserva de estacionamentos en vía pública […]
Aberto ata o 4 de abril o prazo de solicitude de vacantes nas escolas infantís As Landras e A Braña
Do 15 de marzo ao 4 de abril está aberto o prazo para a solicitude de vacantes nas escolas infantís de 0 a 3 anos da rede A Galiña Azul, entre as cales figuran As Landras e A Braña. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as resolucións que detallan o procedemento para a reserva […]