Dous dos premios do certame Enreguéifate veñen para Carballo!

Xa coñecemos as regueifas premiadas na sétima edición do certame Enreguéifate, e dúas delas son de Carballo! Na categoría xeral, a Escola de Regueifa do Concello de Carballo acadou o premio á máis aguda coa regueifa Vai de voda, e na categoría infantil o alumnado do CEIP Nétoma-Razo, acadou o premio á mellor falada por Regueifa […]
As obras de reurbanización das rúas Labarta Pose, Manuel Murguía e Otero Pedrayo entran na recta final

O Concello de Carballo realiza un investimento de 355.955,40 euros para dotalas de todos os servizos urbanísticos, mellorar a accesibilidade e humanizar o barrio O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Planificación Urbana, Mobilidade e Seguridade, Juan Seoane, visitaron as obras en marcha no ámbito integrado polas rúas Labarta Pose, Manuel Murguía, Otero Pedrayo […]
Aumenta un 33% o importe que percibirán as familias beneficiarias das bolsas de estudos para educación infantil

A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria deste luns as bases da convocatoria de axudas ao estudo para o alumnado do segundo ciclo de educación infantil e do Conservatorio Municipal de Música. O importe das primeiras increméntase un 33% para as familias beneficiarias, que este curso recibirán unha bolsa de 200 euros para […]