A web oficial do concello de Carballo

A Unidade de Condutas Adictivas leva atendidas a 2.156 persoas desde a súa apertura hai 30 anos

Tanto os profesionais sanitarios coma o goberno municipal consideran un ana-cronismo que este servizo siga dependendo do concello Os concellos galegos que acollen unidades de condutas adictivas, así coma o propio persoal sanitario que presta servizo nelas, levan anos reclamando o seu traspaso ao Sergas. No ano 2022 constituíuse unha comisión mixta Fegamp-Xunta para abordar […]

Toma de posesión de 22 traballadores/as municipais

Hoxe tomaron posesión dos seus cargos un total de 22 traballadores e traballadoras municipais tras rematar os procesos selectivos correspondentes á Oferta de Emprego Público (OEP) 2022 Extraordinaria ou de Estabilización. Os nomeamentos corresponden aos seguintes postos:  Oficial de mantemento de instalacións deportivas Monitores/as socorristas (8) Coordinador de actividades acuáticas Operario Oficial de mantemento de […]

Cortes de tráfico na ponte da Milagrosa a partir do venres 1 de marzo

A partir do 1 de marzo estará pechado ao tráfico un carril da ponte da Milagrosa. Os vehículos poderán circular nas dúas direccións grazas á regulación do tráfico con semáforos. O carril quedará aberto durante a fin de semana e volverá pecharse o luns 4 e o martes 5. A partir do mércores 6 de […]