Inicio Áreas Cultura San Xoán 2017 Concerto tributo a Bruce Springsteen...

Concerto tributo a Bruce Springsteen con Manel Fuentes and The Spring s Team

Sábado 17 de xuño do 2017 23 horas - Praza do Concello

Manel Fuentes conta que quedou prendado de Bruce Springsteen dende que o viu actuar por primeira vez. O seu foi amor a primeira vista, e dese frechazo, que dura case 30 anos, xurdiu un dos espectáculos que pasarán este ano polo San Xoán. O popular presentador de televisión, recoñecido polo seu traballo en programas como “Tu cara me suena”, de Antena 3, estará en Carballo para compartir con todas e todos nós o seu particular tributo a “The Boss”.

A súa faceta de cantante non é a máis coñecida de Manel Fuentes, pero xa leva máis dunha década en activo coa súa banda, The Spring’s Team, homenaxeando ao cantante norteamericano, do que se declara “fan incondicional”. Quizais porque leva asistido a máis de cen concertos del, Manel Fuentes cada vez se asemella máis a Bruce Springsteen cando sobe ao escenario. Poderemos comprobalo o sábado 17 de xuño, ás 23 horas, na Praza do Concello.

Serán dúas horas de espectáculo da man dunha das principais estrelas do entretemento televisivo actual.

Compartir: