Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello colabora no seminario 'Atrévete a innovar' destinado a mellorar a produtividade e competitividade das empresas

FORMACIÓN E EMPREGO

O Concello colabora no seminario 'Atrévete a innovar' destinado a mellorar a produtividade e competitividade das empresas

Xoves 20 de novembro do 2008

O Telecentro de Carballo acolle o martes 25 de novembro a celebración do seminario 'Atrévete a innovar', no que se tentarán ofrecer claves para mellorar a competivividade e produtividade das empresas abordando o reto da innovación dende un enfoque práctico, presentando conceptos e ferramentas útiles que lles permitan aos emprendedores afrontar o proceso de cambio cara a unha cultura empresarial aberta á creatividade e á innovación. A convocatoria está dirixida ao persoal directivo ou técnico das empresas, así como a outros axentes do territorio, e a cita é a partir das 16.00 horas.

A poesía de 'No bico un cantar' e os 'Sons de aquí' constitúen a oferta do 'Novembro con música 08' para esta fin de semana

CULTURA

A poesía de 'No bico un cantar' e os 'Sons de aquí' constitúen a oferta do 'Novembro con música 08' para esta fin de semana

Xoves 20 de novembro do 2008

O venres 21 de novembro continúa, na súa terceira fin de semana, o programa do 'Novembro con Música 08', neste caso coa Agrupación Lírica de Ofelia Nieto que presentará o concerto 'No bico un cantar', no que os veciños e veciñas poderán desfrutar dunha homenaxe a Manuel Curros Enríquez. O sábado 22 chegan os 'Sons de aquí' cun festival de música tradicional de grupos carballeses. As dúas citas son de balde, ás 21.00 horas no Pazo da Cultura.

A Feira das Asociacións, a sensibilización e a prevención contra a violencia centran os actos con motivo do 25 de novembro

25 DE NOVEMBRO

A Feira das Asociacións, a sensibilización e a prevención contra a violencia centran os actos con motivo do 25 de novembro

Mércores 19 de novembro do 2008

Un ano máis volta á Praza do Concello de Carballo a Feira das Asociacións para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. O domingo 23 deste mes, e coincidindo coa celebración da feira, un total de 16 entidades amosarán durante toda a mañá o seu apoio e solidariedade coas vítimas da violencia contra as mulleres. Pero ademais, este ano o programa da Concellaría de Igualdade inclúe a arte, coa organización dunha exposición urbana de sensibilización; o teatro, cunha representación que ten recibido o premio Rafael Dieste; e a prevención, con obradoiros entre os nenos de Primaria dos colexios da capital municipal. Todo destinado a acadar a "unidade fronte á violencia machista", en verbas do Alcalde, Evencio Ferrero.

O Concello organiza unha Xornada sobre os desafíos e influenzas dos movementos migratorios

28 DE NOVEMBRO

O Concello organiza unha Xornada sobre os desafíos e influenzas dos movementos migratorios

Martes 18 de novembro do 2008

O Concello de Carballo, a través da Concellaría de Emigración que dirixe Lourdes Rey, organiza unha Xornada sobre os desafíos e influenzas dos movementos migratorios na Galicia actual e contemporánea. Esta cita, que se desenvolve na tarde do 28 de novembro, abordará temas como a integración laboral dos inmigrantes, os primeiros pasos da súa acollida ou a integración do alumnado inmigrante. Dende hoxe, e ata o 26 de novembro está aberto o prazo de inscrición.

Unha cuadrilla de Aspaber limpa as marxes do Paseo do Anllóns no seu tramo de Bértoa ao Muíño do Quinto

CARBALLO LIMPO

Unha cuadrilla de Aspaber limpa as marxes do Paseo do Anllóns no seu tramo de Bértoa ao Muíño do Quinto

Martes 18 de novembro do 2008

Unha cuadrilla de rapaces e rapazas do centro especial Aspaber do Concello de Carballo comezou esta semana cos traballos de limpeza do Paseo do Anllóns na parroquia de Bértoa, en concreto dende a zona de Muíño do Quinto ata as cercanías da capital municipal. Os labores consisten na retirada de herbas e vexetación dos bordes do paseo mediante medios manuais, de xeito que se evita o emprego de herbicidas perxudiciais.

Máis de 1.500 escolares de Infantil e Primaria do Concello participan nunha campaña de animación lingüística

SECRETARÍA XERAL DE POLITICA LINGÜÍSTICA

Máis de 1.500 escolares de Infantil e Primaria do Concello participan nunha campaña de animación lingüística

Luns 17 de novembro do 2008

Arredor de 1.500 nenos e nenas dos centros escolares de Carballo participarán ao longo do mes de novembro e ata o 18 de decembro nunha campaña de animación lingüística en galego promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración co Concello de Carballo e as editoriais Kalandraka, Galaxia e Edicións Xerais. A actividade está dirixida fundamentalmente aos alumnos de Infantil e Primaria e percorrerá non só os centros da capital municipal, senón tamén os dalgunhas parroquias, ademais do Pazo da Cultura.

O Concello organiza as I Xornadas Carballo PortaAberta sobre novas tecnoloxías

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN

O Concello organiza as I Xornadas Carballo PortaAberta sobre novas tecnoloxías

Luns 17 de novembro do 2008

O Concello de Carballo organiza entre o 28 de novembro e o 4 de decembro as I Xornadas Carballo PortaAberta destinadas á difusión das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), facendo fincapé no emprego de Internet e na administración electrónica. As actividades dividiranse entre as I Olimpiadas Tecnolóxicas e as I Xornadas de Administración Electrónica, ás que poden anotarse de balde todos os veciños e veciñas interesados.

O centro de Aspaber acolle o I Encontro do Asociacionismo en Carballo

A CITA É O SÁBADO 15 DE NOVEMBRO

O centro de Aspaber acolle o I Encontro do Asociacionismo en Carballo

Venres 14 de novembro do 2008

Intercambiar experiencias e aprender a traballar conxuntamente. Ese é o obxectivo do I Encontro do Asociacionismo en Carballo que ten lugar o sábado 15 de novembro no centro de Aspaber -entre as 10.00 e as 14.00 horas. Así, con esta iniciativa, promovida pola Concellaría de Cultura, preténdese acadar o desenvolvemento de dinámicas participativas entre colectivos e de procurar o traballo en rede entre as entidades. Estas xornadas pretenden ser un foro a partir do cal se atopen puntos en común que lles permitan ás asociacións coñecer diversas experiencias e traballar de xeito coordinado e en equipo.

O Concello e a Cámara de Comercio colaboran para mellorar os sectores turístico e empresarial da área de influencia de Carballo

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello e a Cámara de Comercio colaboran para mellorar os sectores turístico e empresarial da área de influencia de Carballo

Venres 14 de novembro do 2008

O Concello de Carballo e a Antena Local da Cámara de Comercio na localidade colaboran para sentar as bases de futuro do sector turístico e do tecido empresarial do municipio e a súa área de influencia. Así o manifestou o Alcalde, Evencio Ferrero, durante a presentación dos estudos realizados polo Observatorio Socioeconómico da Cámara ao longo do ano 2008 en torno a estes dous sectores produtivos. O obxectivo é "poñer en marcha novos proxectos que contribúan ao desenvolvemento económico e empresarial" e que axuden a "encarar as circunstancias económicas actuais" en verbas de Ferrero.

O 'Novembro con música' ofrece unha completa programación centrada na Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia

CULTURA

O 'Novembro con música' ofrece unha completa programación centrada na Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia

Venres 14 de novembro do 2008

Propostas tan variadas como a Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia, un concerto de pop-rock ou un festival de corais centran a oferta do 'Novembro con música' durante esta fin de semana. Entre o venres 14 e o domingo 16 de novembro, o director italiano Massimo Spadano, os grupos carballeses The Cerne, Oak Bank e Killer Cats e agrupacións vocais como a Coral Polifónica de Carballo, a Agrupación Polifónica de Carballo e o Coro Aires de Bergantiños, compartirán escenario e afección musical.

A piscina Carballo Calero xa contribúe ao aforro enerxético coa entrada en funcionamento dos paneis solares

ENERXÍAS RENOVABLES

A piscina Carballo Calero xa contribúe ao aforro enerxético coa entrada en funcionamento dos paneis solares

Xoves 13 de novembro do 2008

Os paneis de enerxía solar térmica que están instalados na piscina Carballo Calero da zona Bergantiños veñen de entrar en funcionamento nos últimos días. Despois de que se completara a instalación da nova infraestrutura e dun pequeno período de axustes, os paneis xa aproveitan a luz solar para subministrar a electricidade que permitirá o aforro enerxético da piscina carballesa e que axudará a quecer a auga sanitaria das duchas e do vaso destas instalacións.

Carballo presenta no Pazo da Cultura o programa 'Rodela' de acompañamento ás vítimas de violencia de xénero

SERVIZOS SOCIAIS

Carballo presenta no Pazo da Cultura o programa 'Rodela' de acompañamento ás vítimas de violencia de xénero

Mércores 12 de novembro do 2008

O Concello de Carballo vén de principiar os actos organizados con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Despois da inauguración esta semana dunha exposición sobre as mulleres caboverdianas, o xoves 13 de novembro preséntase no Pazo da Cultura o programa 'Rodela' de acompañamento a vítimas de violencia de xénero. Ana Luísa Bouza Santiago, Directora Xeral do Servizo Galego de Igualdade -que coordina o programa-, e o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, informarán sobre esta iniciativa á que esperan que se incorporen moitas das asociacións do municipio.

Compartir: