Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello implanta novos servizos de comunicación

TELEFONÍA

O Concello implanta novos servizos de comunicación

Luns 17 de abril do 2006

O Concello de Carballo cambiará a súa centralita de teléfonos por unha nova que permitirá implantar novos servizos de comunicacións, tanto para uso interno como para servizo dos cidadáns. O cambio terá lugar este martes, 18 de abril, ás 16,00 horas. Entre outros servizos, implantaranse buzóns de voz para comunicar deficiencias en servizos, accesos directos telefónicos a certos servizos como padrón, contratación, facturas e pagos, servizos de información sobre eventos institucionais, culturais e outros.

Aprobada unha solicitude de subvención para obradoiros de emprego

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobada unha solicitude de subvención para obradoiros de emprego

Luns 17 de abril do 2006

A Xunta de Goberno Local ven de aprobar, na súa última sesión, a solicitude á Consellaría de Traballo dunha subvención para a financiación en Carballo de Obradoiro de Emprego, logo de aprobar na mesma sesión a memoria do proxecto para obradoiros de emprego, elaborado polo Centro Municipal de Formación, nas especialidades formativas de enconfrador, fontaneiro, pintor e xardineiro. A subvención sería de 276.480 euros para financiar gastos de formación e funcionamento e de 473.212 euros para financiar custos salariais de alumnos-traballadores.

O Concello deseña un dispositivo especial de limpeza nas praias para Semana Santa

LITORAL

O Concello deseña un dispositivo especial de limpeza nas praias para Semana Santa

Mércores 12 de abril do 2006

O Concello de Carballo ven de deseñar un dispositivo especial de limpeza e recollida de lixo no litoral, para que tódolos veciños e visitantes do municipio conten cun bo servizo durante a Semana Santa. A actuación contempla tamén a dotación de papeleiras nas praias, co ánimo de poder disfrutar dos areais en perfecto estado durante estas datas.

O Concello apoia o protocolo para a protección das víctimas da violencia doméstica e de xénero

SEGURIDADE

O Concello apoia o protocolo para a protección das víctimas da violencia doméstica e de xénero

Mércores 12 de abril do 2006

O Concello de Carballo formalizará a súa adhesión, a través da Xunta de Goberno Local, ao protocolo de colaboración e coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os Corpos da Policía Local para a protección das víctimas da violencia doméstica e de xénero. A Xunta Local de Seguridade acordou crear unha mesa representada pola Policía Local, Garda Civil e Centro de Información á Muller para facer un seguimento do asunto.

Continúan a bo ritmo as obras da Casa dos Oficios e a Estación de Autobuses

OBRAS

Continúan a bo ritmo as obras da Casa dos Oficios e a Estación de Autobuses

Mércores 12 de abril do 2006

A empresa Indeza segue a traballar sobre o terreo onde se levanta a Casa dos Oficios, no barrio da Milagrosa. Logo de realizar, nun primeiro momento, os traballos de excavación, drenaxe, cubrición e encofrado das zapatas, xa se pode ver a estructura metálica das dúas primeiras naves do proxecto.

O Concello demanda unha subvención para mellorar as zonas costeiras de Razo e Baldaio

TURISMO

O Concello demanda unha subvención para mellorar as zonas costeiras de Razo e Baldaio

Martes 11 de abril do 2006

O Concello de Carballo ven de remitir á Consellaría de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Turismo e ao abeiro das subvencións a concellos do litoral para o acondicionamento e mellora das zonas de costa onde se practique asiduamente o baño para o ano 2006, unha solicitude de subvención de 59.587,04 euros para facer diferentes melloras nas zonas costeiras de Razo e Baldaio. As obras para as que o Concello demanda a subvención son a dotación de pasarela de madeira en zona verde, a ampliación de depósito de auga en Arnados, a formación de escaleira e pasarela en baixada a praia de Razo pola Cabreira, drenaxe de pluviais en zona verde xunto á Pista Polideportiva, a instalación de grupo de bombeo de fecais en caseta de socorristas en Pedra do Sal e dotación de mobiliario urbano. Prevese unha duración de dous meses para a execución da obra completa.

Aberto o prazo para participar da Campaña Verán 2006 da Xunta

LECER

Aberto o prazo para participar da Campaña Verán 2006 da Xunta

Luns 10 de abril do 2006

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, leva a cabo a promoción e organización de actividades de animación sociocultural destinadas á mocidade no ámbito do ocio e o tempo libre. A oferta da Campaña Verán-2006 comprende, ademais daquelas que se desenvolven na comunidade autónoma galega, actividades de ámbito nacional, que teñen lugar noutras comunidades autónomas de España. A Xunta pretende, desta forma, atender a demanda individual, cada día máis crecente, de mozos e mozas no eido do ocio e o tempo libre.

Celebrado o sorteo para a participación na viaxe a Roma

VIVIR O MUNDO

Celebrado o sorteo para a participación na viaxe a Roma

Luns 10 de abril do 2006

A Casa do Concello acolleu a celebración do sorteo público para determinar que rapaces participan do programa organizado pola Deputación da Coruña Vivir o Mundo, que pretende achegar aos rapaces e rapazas da provincia a Roma, cidade de gran interese monumental e cultural. O ente provincial concedeu 12 prazas a Carballo, que foron sorteadas entre case un centear de solicitudes presentadas no Concello.

O Concello presentou un obradoiro de integración lingüística e cultural para inmigrantes e emigrantes retornados

LINGUA

O Concello presentou un obradoiro de integración lingüística e cultural para inmigrantes e emigrantes retornados

Luns 10 de abril do 2006

O Concello de Carballo vén de presentar, a través do Servizo de Normalización Lingüística, un obradoiro de integración lingüística e cultural para inmigrantes e emigrantes retornados/as. Trátase dunha actividade encamiñada a fomentar o uso de galego e que se desenvolverá do 2 ao 31 de maio. O Concello agarda repetir a exitosa experiencia do ano pasado e seguir no camiño para que a lingua non sexa un impedimento para integrarse, como manifestou a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, na presentación da actividade.

O Grupo Magnificant ofrece un concerto de música relixiosa no Pazo da Cultura

VENRES CULTURAIS

O Grupo Magnificant ofrece un concerto de música relixiosa no Pazo da Cultura

Venres 7 de abril do 2006

Como antesala da Semana Santa, o Grupo Magníficant da Coruña, composto polos solistas de ópera Antón de Santiago, María José Ladra e Pablo Carballido, ofrece un concerto de temática relixiosa cun repertorio típico destas datas, así como unha pequena escolma de lírica clásica. O concerto forma parte da programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo e comezará ás 21,00 horas no Pazo da Cultura.

Remata a 1ª Semana do Libro e a Lectura

CULTURA

Remata a 1ª Semana do Libro e a Lectura

Venres 7 de abril do 2006

Este sábado, 8 de abril, porase o punto final á primeira Semana do Libro e a Lectura do Concello de Carballo. Quedan aínda dúas xornadas para seguir a disfrutar das actividades da mostra, xa que este venres, 7 de abril, continúan os distintos obradoiros, os Encontros co profesorado e as sesións de conta contos. Así, ás 18,00 horas, a ensinante e responsable da Biblioteca Uxío Novoneyra do IES Ánxel Casal-Monte Alto, Carme Loriga, falará do papel das bibliotecas escolares como punto de referencia para toda a comunidade educativa.

Compartir: