Servizos mínimos con motivo da festividade de Santa Rita, patroa do funcionariado
Sábado 20 de maio do 2023
O luns 22 de maio celébrase a festividade de Santa Rita, patroa do funcionariado, polo que, agás os servizos de prestación obrigatoria, como son seguridade e emerxencias ou atención á dependencia, o resto funcionarán en réxime de servizos mínimos.
Na casa do concello prestarase atención ao público no horario habitual tanto no rexistro coma no padrón de habitantes. Tamén estarán abertas as instalacións deportivas, bibliotecas e edificios periféricos (agás o de Servizos Sociais), estes últimos con funcionamento reducido.