Inicio Carballo ao día Avisos AJE Galicia pon en marcha en Carballo o programa...

AJE Galicia pon en marcha en Carballo o programa de apoio a pemes e emprendedores/as "Impulso rural"

Martes 3 de maio do 2022

Este mércores 4 de maio terá lugar no Fórum Carballo a presentación do programa de apoio a pemes e emprendedores "Impulso rural", organizado por AJE Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Carballo. O acto inaugural está previsto para as 10.30 e contará coa participación do concelleiro de Innovación, Formación e Emprego, Iván Andrade.

O programa nace co obxectivo de dotar a emprendedores e pemes das ferramentas  e capacidades necesarias para impulsar os seus negocios no actual contexto económico. Nes sentido, os/as participantes recibirán: 

  • Asesoramento personalizado: con mentores de proxecto e especialistas que os axudarán a dar resposta ás necesidades concretas dos negocio.
  • Talleres formativos en habilidades clave, impartidos por expertos, coa innovación, o deseño de negocio e a dixitalización como elementos transversais.

Cada empresa/proxecto terá acceso a 18 horas de formación e 6 horas de asesoramento individual, realizadas por un mentor de proxecto e un mentor especialista que se asignará en función das súas necesidades. A formación presencial realizarase no Fórum Carballo ata o 16 de xuño. As inscricións poden realizarse no formulario que atoparás máis abaixo. As reservas realizaranse por orde de inscrición ata completar aforo. 

Ligazóns

Compartir: