Inicio Carballo ao día Avisos Cortes de tráfico en varias vías da...

Cortes de tráfico en varias vías da Deputación da Coruña por obras de pavimentación

Martes 24 de agosto do 2021

Entre o martes 25 e o xoves 26 están previstos cortes de tráfico en varias vías provinciais por mor das obras de pavimentación que levará a cabo a Deputación Provincial da Coruña para mellorar a seguridade. As previsións son as seguintes:

  • Martes 24 pola tarde: obras na avenida da Milagrosa, con cortes puntuais que serán regulados polo persoal da empresa que executa as obras.
  • Mércores 25 e xoves 26: cortes na Feira de Berdillo, onde se habilitará un único carril de circulación en ámbolos sentidos, e na estrada da Piña, na que se habilitará un desvío alternativo que será debidamente sinalizado.
Desculpade as molestias.

Compartir: