Inicio Carballo ao día Avisos Aberto do 12 de maio ao 14 de xullo o...

Aberto do 12 de maio ao 14 de xullo o período de cobro dos padróns fiscais do IVTM, taxa de lixo-vivendas e taxa de vaos

Venres 7 de maio do 2021

Por resolución da Alcaldía n.º 1002/2021, do 06/05/2021, téñense aprobado os padróns fiscais da taxa de recollida de lixo domiciliaria-modalidade vivendas, da taxa por reserva de espacio para estacionamento e vaos e do imposto de vehículos de tracción mecánica correspondentes ao período impositivo de 2021, no que figuran as liquidacións tributarias correspondentes a cada suxeito pasivo, dacordo cos seguintes datos:

  1. Taxa pola prestación do servizo de recollida domiciliaria de lixo e residuos sólidos urbanos, na súa modalidade de vivenda. Importe total do padrón: 1.091.002,20 €
  2. Taxa pola reserva de estacionamentos en vía pública para parada de buses, carga e descarga e vados permanentes. Importe total do padrón: 102.775,98 €
  3. Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica. Importe total do padrón: 1.355.016,56 €

Os padróns estarán expostos ao público durante o prazo dun mes, a contar desde a publicación do anuncio correspondente no Boletín Oficial da Provincia. Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar os padróns no Servizo de Xestión Tributaria do Concello, a fin de comprobar a exactitude dos datos que lles afecten.

Contra o acto de aprobación dos padróns e as liquidacións incorporadas ao mesmo, poderase formular recurso de reposición ante esta Alcaldía, no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte á finalización do período voluntario de cobranza.

  • Período voluntario de cobro: do 12 de maio ao 14 de xullo de 2021.
  • Formas de pago: 
  1. Oficinas da Recadación Municipal, sitas na rúa Camiño Novo, 7 (entreplanta Galerías Comerciais), de luns a venres e de 08:00 a 14:00 horas. Os recibos domiciliados pasaranse ao cobro a partires do día 14 de xuño do 2021. O
  2. Por domiciliación bancaria. Neste caso os recibos pasaranse ao cobro a partires do día 14 de xuño.
  3. Por ingreso en entidades bancarias, na conta restrinxida de recadación do Concello de Carballo.
  4. Por transferencia bancaria á mesma conta.
  • Información981704278 ou no enderezo electrónico recadacion@carballo.gal.
  • Período executivo: transcorrido o citado prazo, iniciarase o período executivo, que determina o devengo do recargo de constriximento e os intereses de demora, segundo o previsto no artigo 28 da Lei 58/2003, xeral tributaria, do 17 de decembro. O recargo será dun 5% ata que se reciba a notificación da providencia de apremio, do 10% unha vez recibida a mesma e ata o fin do prazo voluntario en vía executiva, e do 20% unha vez transcorrido dito prazo.

Compartir: