Inicio Carballo ao día Novas Volven as clases presenciais en canto e nas...

Volven as clases presenciais en canto e nas especialidades instrumentais de vento

Venres 12 de marzo do 2021 Educación Conservatorio

En virtude da Orde do 10 de marzo de 2021, pola que se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2021 na que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, a actividade lectiva no CMUS Profesional de Música de Carballo volverá a ser presencial a partir do venres 12 de marzo para todo o alumnado das especialidades instrumentais de vento e canto.

Polo tanto, os alumnos incorporaránse ás súas clases presenciais de instrumento e materias colectivas instrumentais e vogais no seu horario habitual.

Para calquera dúbida ao respecto, o equipo directivo está á vosa disposición.

Compartir: