Inicio Carballo ao día Novas Carballo participa por quinto ano no programa de...

Carballo participa por quinto ano no programa de Residencias Paraíso para impulsar a danza e a creación contemporánea en Galicia

Mércores 24 de febreiro do 2021 Cultura

O programa Residencias Paraíso cumpre cinco anos, e o Concello de Carballo está dende o primeiro colaborando co Colectivo RPM, unha entidade independente dedicada ao impulso da danza e a creación contemporánea en Galicia. A convocatoria correspondente ao 2021 está aberta ata o 14 de marzo, e o Pazo da Cultura volverá a abrir as súas portas para acoller e impulsar un dos oito proxectos artísticos que se desenvolverán nesta edición.

As Residencias Paraíso pretenden, de feito, fomentar a aparición de novos proxectos de investigación e creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, tanto para artistas de Galicia coma do resto do territorio estatal. Unha das novidades desta edición é que o encontro anual celebrarase os días 24 e 25 na Illa de San Simón, onde se darán cita os/as artistas residentes e outras persoas convidadas para compartir as claves de cada experiencia e reflexionar de forma conxunta sobre temas transversais.

As residencias desenvolveranse entre maio e setembro. Máis información, de seguido.

Ligazóns

Compartir: