Inicio Carballo ao día Novas A Xunta de Goberno autoriza obras de reforma na...

A Xunta de Goberno autoriza obras de reforma na subestación eléctrica de Fenosa por valor de case dous millóns de euros

Adxudicado á empresa Jardincelas S.L. o contrato de roza de vías en todas as parroquias do Concello

Luns 4 de xaneiro do 2021

Subestación de Unión Fenosa Distribución

Subestación de Unión Fenosa Distribución

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe varias licenzas de obra, entre elas a de reforma da subestación eléctrica de Unión Fenosa Distribución S.A. situada no lugar de Quintáns, na parroquia de Carballo. A empresa eléctrica realizará un investimento de 1.935.590 euros co obxectivo de pasar do esquema actual de barra simple ao de dobre barra, mediante blindaxe do parque de 66Kv, con celas tipo GIS que irán aloxadas no interior dun edificio de nova construción.

Na primeira Xunta de Goberno Local do ano 2021 tamén se aprobou a adxudicación do contrato de roza das vías municipais á empresa Jardincelas S.L., que ofrece unha porcentaxe de redución sobre os prezos unitarios máximos do 16,06%. En materia de contratación tamén se declarou deserto o procedemento de adxudicación das obras de reurbanización da rúa Tarragona, incluídas no POS+2020, por non haber ningún licitador.

Compartir: