Inicio Carballo ao día Avisos Aberto do 15 de setembro ao 30 de novembro o...

Aberto do 15 de setembro ao 30 de novembro o período voluntario de cobro de IBI, IAE e taxa de lixo comercial

Venres 11 de setembro do 2020

O período voluntario de cobro das liquidacións resultantes dos padróns fiscais de IBI, IAE e taxa lixo comercial correspondenes ao exercicio 2020 estará aberto desde o 15 de setembro ata o 30 de novembro.

Forma de pago:

  • En efectivo, nas oficinas da Recadación Municipal (na rúa Camiño Novo nº 7, entreplanta Galerías Comerciais), de luns a xoves, de 09:00 a 13.30 e de 16:00 a 18:00 horas, e os venres en horario de mañá.
  • Mediante domiciliación bancaria. Neste caso, os recibos  pasaranse ao cobro a partires do día 16 de outubro.
No documento axunto pode consultarse o anuncio de aprobación dos padróns publicado no BOP.

Descargas

Compartir: