Inicio Carballo ao día Novas Xa temos 400 familias e grandes produtores...

Xa temos 400 familias e grandes produtores comprometidos coa recollida selectiva dos residuos orgánicos na zona urbana

A experiencia “Ti tes a chave” arrincará o día 20. Súmate!

Xoves 9 de xullo do 2020

A carpa de

A carpa de "Ti tes a chave", hoxe, na rúa Coruña

En Carballo xa temos 400 familias e grandes produtores adheridos ao programa de recollida selectiva dos residuos orgánicos “Ti tes a chave”, que arrincará o día 20 coa instalación dos colectores marróns en toda a zona urbana.

Hoxe recollemos novas altas na carpa informativa que instalamos na rúa Coruña, aproveitando a celebración do mercado. O xoves que vén repetiremos, e tamén os domingos de feira, agás este por coincidir coas eleccións galegas. Pero se queres participar non tes que agardar á semana que vén, xa que podes pasar de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas, polo local de Carballo Limpo situado nas galerías do edificio da antiga Casa de Chinto (rúa Desiderio Varela, 34).

Súmate! Buscamos 2.000 familias comprometidas co medio ambiente! Co teu documento de adhesión recibirás un kit que consta de un caldeiro de 10 litros de capacidade, tres atados de bolsas compostables personalizadas, un tríptico informativo e unha chave para abrir o contedor marrón.

Compartir: