Inicio Carballo ao día Novas O vindeiro curso só se impartirá...

O vindeiro curso só se impartirá 2º de Iniciación Musical como medida de prevención fronte á COVID-19

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo dará preferencia na matrícula ao alumnado que o curso anterior realizou 1º

Mércores 8 de xullo do 2020 Educación Conservatorio

Entre as medidas de prevención fronte á COVID-19 que está a aplicar o Conservatorio Profesional de Música de Carballo, o vindeiro curso só se impartirá 2º de Iniciación Musical (alumnado de 7 anos), con preferencia de admisión para os nenos e nenas que cursaron 1º este ano.

As familias interesadas poderán formalizar a matrícula entre o 31 de agosto e o 10 de setembro. A partir desta data abrirase un novo pazo para cubrir as posibles vacantes, ata completar o máximo de 30 prazas. Como en anos anteriores, os nenos e nenas estarán divididos en dous grupos de 15 alumnos/as cada un.

As clases serán os martes e os xoves, de 17.30 a 18.15 para o grupo 1 e de 18.15 a 19.00 horas para o grupo 2. As persoas que precisen máis información poden chamar por teléfono ao número 981 704 300.

Iniciación Musical ten como obxectivo achegar aos máis cativos á música e ao descubrimento das familias instrumentais, de xeito que cando poidan acceder aos estudos musicais oficiais teñan unha pequena base musical e un coñecemento das distintas ferramentas musicais que lles facilite a elección do instrumento que poidan estudar.

Compartir: