Inicio Carballo ao día Avisos Ampliado ata o 31 de xullo o prazo para trocar os...

Ampliado ata o 31 de xullo o prazo para trocar os premios da campaña de Nadal “Agasalla Carballo”

Mércores 8 de xullo do 2020

O Concello de Carballo amplía ata o 31 de xullo (incluído) o prazo para trocar os premios da campaña “Agasalla Carballo”, organizada pola Concellaría de Promoción Económica durante o Nadal. A data límite establecida inicialmente era do 31 de marzo, pero dado que os establecementos de hostalaría estiveron pechados durante o estado de alarma pola COVID-19, optouse por fixar un novo prazo. Deste xeito, as persoas gañadoras de almorzos, xantares ou ceas que aínda non os desfrutasen poderán facelo durante o que queda de mes, simplemente entregando no local correspondente a tarxeta que as identifica como premiadas.

As persoas que precisen ampliar información poden dirixirse á Oficina de Turismo do Concello de Carballo no horario de apertura ao público (de martes a venres de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 20:30 horas, sábados de 12:00 a 14:00 e domingos de feira de 12:00 a 14:00 horas), enviar un correo a turismo@carballo.gal ou museo@carballo.gal , ou chamar aos números de teléfono 981 702 077 e  981 704 100 (ext. 2820).

Compartir: