Inicio Carballo ao día Novas O Concello de Carballo desinfecta os parques...

OS PRIMEIROS REABRIRON HOXE

O Concello de Carballo desinfecta os parques infantís para poñelos de novo a disposición das familias

Ao longo desta semana tamén quedarán abertas as instalacións deportivas ao aire libre

Luns 15 de xuño do 2020

Desinfección do parque da Praza do Concello

Desinfección do parque da Praza do Concello

Hoxe xa puidemos ver aos primeiros nenos e nenas xogando de novo nos parques infantís de Carballo. Non en todos, porque antes de poñelos a disposición das familias contamos cunha empresa especializada para desinfectalos, pero entre hoxe e mañá está previsto que rematen os traballos na zona urbana e o mércores realizaranse nos parques das parroquias.

Dende a Concellaría de Servizos pedimos a colaboración da cidadanía para que os traballos poidan desenvolverse coa maior celeridade e para que se respecten as normas de uso dos parques infantís, empezando polas dúas horas de agarda que deben manterse dende o remate da desinfección ata o seu uso. Así mesmo, agradecemos ás persoas usuarias que se detectan algunha anomalía o dano nos xogos infantís o comunique ao Concello para poder darlle solución o antes posible.

Ademais dos parques infantís, ao longo desta semana tamén irán reabrindo as distintas instalacións deportivas cubertas existentes en todo o concello, nas que serán de obrigado cumprimento as normas sobre distanciamento social, hixiene e prevención establecidas polas autoridades sanitarias competentes.

Compartir: