Inicio Carballo ao día Novas A partir de hoxe pódese pedir cita a...

A partir de hoxe pódese pedir cita a través de Internet ou do 060 para a obtención ou renovación do DNIe ou o pasaporte

A Unidade de Estranxeiría e Documentación da Policía Nacional de Carballo xa reabriu as súas portas este luns para casos urxentes

Mércores 27 de maio do 2020

A oficina de Carballo reabriu este luns

A oficina de Carballo reabriu este luns

A partir de hoxe mércores a Policía Nacional reinicia dun xeito gradual e progresivo o servizo de cita previa para a obtención ou renovación do DNIe ou pasaporte a través da páxina oficial www.citapreviadnie.es e do teléfono 060 nos territorios que se atopan na Fase 2 do Plan de transición cara unha nova normalidade.

En Carballo, a Unidade de Estranxeiría e Documentación da Policía Nacional xa reabriu as súas portas este luns para atender casos urxentes e consultas telefónicas. A oficina está atendida cada día por un/ha funcionario/a no seu horario habitual de luns a venres de 09:00 a 14:30 horas.

As persoas usuarias deberán chegar con puntualidade e esperar no exterior para ser atendidas. Ademais, deberán acudir obrigatoriamente con mascarilla e de maneira individual, agás para a expedición de documentos a menores ou persoas que precisen acompañamento. Ademais, dende a Policía Nacional pídese que leven o importe exacto da taxa, que é de 12 euros para o DNIe e de 30 para o pasaporte.

Compartir: