Inicio Carballo ao día Avisos Aloumiños amplía o prazo de...

Aloumiños amplía o prazo de inscrición para o primeiro curso homologado de lingua de signos española

Sábado 15 de febreiro do 2020

A asociación Aloumiños retrasa ata o 9 de marzo o inicio do primeiro curso homologado de lingua de signos española, que será impartido pola FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia) ata xuño. Haberá dúas sesións semanais de dúas horas de duración, ata completar as 60 das que consta esta acción formativa. As prazas don limitadas. O prazo de inscrición amplíase ata o 6 de marzo.

Prezo do curso: 270€ para socios/as, persoas desempregadas e estudantes, e 360€ para os demais interesados
Máis información: asociacionalouminhos@gmail.com ou teléfono 604028730

Descargas

Compartir: