Inicio Carballo ao día Novas Movistar conta con rede de fibra no 85% do...

XUNTANZA TELEFÓNICA-CONCELLO

Movistar conta con rede de fibra no 85% do territorio municipal e comprométese a continuar co despregue

A dirección da compañía en Galicia e goberno municipal traballan na implantación o servizo a curto prazo no polígono industrial de Bértoa

Venres 14 de febreiro do 2020

Os representantes municipais insistiron na necesidade de estender o servizo ao polígono industrial

Os representantes municipais insistiron na necesidade de estender o servizo ao polígono industrial

A directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez, acompañada por outros cargos da empresa, participou esta semana nunha reunión co alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, e técnicos municipais coa intención de facer balance do plan de extensión de fibra óptica iniciado hai case tres anos, e que na actualidade, segundo os datos ofrecidos polos representantes da compañía, chega ao o 85% do territorio. Con este dato, segundo indicaron, Carballo é un dos concellos galegos con máis implantación de fibra óptica, e a intención é seguir ampliándoa ata cubrir a totalidade o concello.

Os representantes de Movistar destacaron a colaboración da cidadanía, que resulta fundamental para realizar o despregue. A empresa e o Concello de Carballo contan cun convenio xeral que axiliza as cuestións burocráticas e, polo tanto, o proceso de implantación da fibra óptica. Nestes momentos estase a traballar na consecución de pasos nas zonas de Pedra do Sal (Lema) e Outeiro (Sísamo).

Os representantes de Movistar destacaron a colaboración da cidadanía, que resulta fundamental para realizar o despregue

Sen embargo, un dos principais problemas para completar o despregue está no polígono industrial de Bértoa debido a que a rede existente pertence a outra compañía. Tanto por parte de Telefónica como do Concello de Carballo existe moito interese na implantación da fibra óptica na área empresarial, e están a estudarse todas as posibilidades para facelo o antes posible.

Como se vén facendo nos últimos anos, o Concello de Carballo ponse a disposición da veciñanza para trasladar a Telefónica os problemas de cobertura que poida haber en puntos concretos do territorio municipal. As persoas afectadas deben comunicalos na propia casa consistorial, chamando ao teléfono 981 704 700 ou a través do enderezo electrónico infocarballo@carballo.gal.

Compartir: