Inicio Carballo ao día Avisos O equipo redactor do Plan Especial de Pedra do...

O equipo redactor do Plan Especial de Pedra do Sal presenta nunha sesión pública o documento para aprobación inicial

Luns 3 de febreiro do 2020

O Plan Especial de Pedra do Sal está listo para a súa aprobación inicial, e o 6 de febreiro será presentado á veciñanza nunha xornada aberta que se celebrará no Centro Social de Imende. A sesión comezará ás 19.00 horas e terá unha duración aproximada de hora e media.

A concelleira de Planificación, Milagros Lantes, fai un chamamento á participación de todas as persoas e entidades interesadas para seguir avanzando na consecución dun documento participativo e o máis consensuado posible, tendo en conta que calquera intervención neste ámbito está moi limitada polas diferentes figuras de protección, de rango superior, que afectan ao espazo natural de Baldaio.

Compartir: