Datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no 2019
Mércores 23 de outubro do 2019
Mediante a Resolución do 2 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocáronse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2019, que xa teñen datas de celebración.
- Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 16 de novembro de 2019.
- Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 17 de novembro de 2019.
Lémbrase ademais, respecto da proba oral de cada nivel Celga, que esta será posterior á proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar a dita proba oral publicarase na sede correspondente unha vez que remate a proba escrita.