Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de solicitude para 50 novos...

Aberto o prazo de solicitude para 50 novos composteiros, que se outorgarán por orde de rexistro

Venres 9 de agosto do 2019

Nestes momentos temos distribuídos polo noso territorio un total de 223 composteiros e grazas á vosa colaboración conseguimos eliminar dos colectores verdes máis de 100 toneladas de RSU ao ano.

O sistema ten cada vez máis demanda, e por iso vimos de xestionar con Sogama a adquisición de 50 novos composteiros. As persoas interesadas poden solicitalos presentando no Rexistro Municipal, debidamente cuberto, o formulario que atoparedes ao final desta nova, na web de Carballo Limpo, no propio Rexistro (planta baixa da Casa do Concello) ou na secretaría da Alcaldía (primeiro andar).

Os composteiros asignaranse por orde de solicitude, pero crearemos unha lista de agarda para campañas futuras.

Descargas

Compartir: