Inicio Carballo ao día Avisos Suspendidas as actividades deportivas ao aire...

Suspendidas as actividades deportivas ao aire libre debido á alerta de nivel laranxa por vento

Xoves 6 de xuño do 2019

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia veñen de activar a alerta de nivel laranxa por rachas de vento superiores a 100 Km/h entre as 12.00 e as 20.00 horas de hoxe. Para evitar posibles riscos, e seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia, dende o Concello de Carballo vimos de adoptar as seguintes medidas:

  • A suspensión das actividades deportivas no exterior (campos de fútbol, pistas polideportivas, skate-praza, etc)
  • O peche das instalacións deportivas ao aire libre mentres se manteña a alerta.
Aproveitamos tamén para pedirvos que, se tedes que saír á rúa, extremedes as precaucións. Grazas.

Compartir: