Inicio Carballo ao día Avisos Cortes de tráfico na avenida da Milagrosa...

Cortes de tráfico na avenida da Milagrosa por obras de asfaltado

Luns 27 de maio do 2019

A partir do martes 28 de maio levaranse a cabo obras de asfaltado na avenida da Milagrosa. Segundo informa a Policía Local, está previsto cortar ao tráfico un carril e habilitar o outro para que os vehículos poidan circular en ámbolos dous sentidos. A circulación estará regulada mediante semáforos no treito comprendido entre a rotonda do cruce da Milagrosa e a avenida de Fisterra.

Desculpade as molestias.

Compartir: