Inicio Carballo ao día Novas 225 adolescentes participaron nos obradoiros de...

225 adolescentes participaron nos obradoiros de prevención da violencia de xénero organizados pola Concellaría de Igualdade

As actividades desenvolvéronse ao longo do último mes nos institutos

Xoves 9 de maio do 2019

Os obradoiros remataron esta semana no IES Alfredo Brañas

Os obradoiros remataron esta semana no IES Alfredo Brañas

Un total de 225 alumnos e alumnas dos institutos Monte Neme, Isidro Parga Pondal e Alfredo Brañas participaron nos obradoiros de prevención da violencia de xénero, organizados pola Concellaría de Igualdade a través do Centro de Información á Muller (CIM), que se desenvolveron dende principios de abril ata esta semana.

Cada grupo participou en tres sesións de traballo nas que se abordaron diferentes aspectos. As dúas primeiras estiveron centradas en explicar que é a violencia de xénero, os comportamentos que a inclúen, os mitos do amor romántico, os celos ou as novas formas de exercer violencia a través das novas tecnoloxías. Na terceira sesión grupal, co dobre de duración que as anteriores, introducíronse distintas pezas microteatrais sobre relacións de parella insás para analizar e reflexionar os comportamentos micromachistas ou microviolentos que se teñen normalizados para que saiban identificalos e non consentilos.

Compartir: