Inicio Carballo ao día Avisos Restricións de tráfico na contorna...

Restricións de tráfico na contorna do CEIP A Cristina por mor das obras de reurbanización

Luns 11 de febreiro do 2019

A partir do martes 12 de febreiro produciranse restricións de tráfico na contorna do CEIP A Cristina debido á necesidade de acometer unha serie de obras de conexión dos servizos urbanísticos, renovados dentro do proxecto de reurbanización da zona. 

As rúas Celso Emilio Ferreiro e Eduardo Blanco Amor permanecerán pechadas á circulación rodada, polo que os vehículos accederán pola rúa Camilo José Cela e sairán pola Vicente Risco.

En principio está previsto que se restableza a normalidade no tráfico para a fin de semana.

Desculpade as molestias.

Compartir: