Inicio Carballo ao día Novas En marcha unha nova campaña de...

En marcha unha nova campaña de desratización, que se leva a cabo catro veces ao ano en todas as rúas urbanas

O servizo municipal de control de pragas aproveitou as vacacións de Nadal, como é costume, para desinfectar os centros escolares

Venres 11 de xaneiro do 2019

Desinfectación no CEIP Fogar

Desinfectación no CEIP Fogar

A prevención é o principal obxectivo do servizo municipal de control de pragas, e por iso temos establecido un protocolo que inclúe labores de desratización en todas as rúas urbanas catro veces ao ano e desratización, desinfección e desinsectación, tamén de forma periódica, nos edificios públicos.

Aproveitando as vacacións de Nadal, este traballo preventivo realizouse nos colexios públicos de infantil e primaria, onde se repetirán nos períodos vacacionais de Semana Santa e verán. Así mesmo, o servizo estendeu ese labor preventivo a outros edificios públicos, coma o Mercado Municipal, en todos os casos sen incidencias.

Desratización

Desratización

Co comezo do ano tamén comezou a campaña de desratización nas rúas. Xa desde o día 2 estase a traballar no sector 1, que abrangue as rúas Santa Eufemia, Caión, Corme, Vila de Arousa, Alfredo Brañas, Gran Vía, Vila de Ordes, Avenida de Bergantiños, Vila de Cee, Vila de Corcubión, Vila de Noia, Portugal, Andorra, Reus, Doutor Fleming, Pintor Luís Seoane, Rosalía de Castro, Valle-Inclán, Pintor Urbano Lugrís, Pintor Colmeiro, Concepción Arenal, Gravador Facal, Cervantes, Esquío, Colón, Desiderio Varela, Hórreo, Coruña, Praza do Concello, Martín Herrera, Praza de Galicia, San Xosé, Álvarez de Sotomayor, Vila de Negreira, Ferreiros, Zapateiros, Cesteiros, Panadeiros, Carpinteiros, Oleiros, Canteiros, Costureiras, Praza da Milagrosa, Berdillo, Freixos, Castroviejo, Maceiras, Ameneiros, Castiñeiros, Bidueiros, Nogueiras, Bosque, Limoeiros, Compostela.

Para facilitar o control da poboación de ratas, o casco urbano de Carballo está dividido en tres sectores, e cada mes actuamos nun deles alternativamente, á parte de atender os avisos puntuais en calquera punto da vila. Calquera persoa que detecte a presenza de roedores só ten que comunicarllo directamente á empresa concesionaria (Plaguiber, 981754699), ao Concello de Carballo (981704100) ou á Policía Local (981701722) e activarase o protocolo de actuación establecido.

Compartir: