Inicio Carballo ao día Avisos O sábado 12 volve o globo ao parque Rego...

O sábado 12 volve o globo ao parque Rego da Balsa para as persoas con tícket que non puideron subir o día de Reis

Venres 11 de xaneiro do 2019

O pasado domingo 6 de xaneiro tiveron que suspenderse as viaxes en globo programadas dentro das actividades de lecer da campaña de Nadal de Carballo debido a condicións climatolóxicas adversas, en concreto, a causa do vento.

Para non deixar a ninguén sen viaxe e que todas as persoas que estaban na cola e quedaron sen subir podan vivir a experiencia, informamos de que mañá SÁBADO 12 de xaneiro a partir das 10.30 horas o globo volverá ao PARQUE REGO DA BALSA para que as persoas que teñen tícket pero que finalmente non subiron o día de Reis, poidan facelo.

Compartir: