Inicio Carballo ao día Avisos Aberto ata o 26 de novembro o prazo para...

Aberto ata o 26 de novembro o prazo para participar na campaña comercial de Nadal organizada pola Concellaría de Promoción Económica

Xoves 15 de novembro do 2018

Por cuarto ano consecutivo, a Concellaría de Promoción Económica convida ao comercio local a participar na campaña Semecachadescóntovos, que inclúe, entre outros atractivos, agasallos, experiencias, descontos e ata unha viaxe coa finalidade de incentivar as compras no comercio de proximidade nunha das épocas de maior consumo do ano.

Os comercios interesados poden realizar xa a solicitude de participación a través do formulario ao que pode accederse pinchando aquí. Polo tipo de xestión que require, a campaña contará cun número limitado de participantes, polo que as inscricións realizaranse por orde de entrada dos formularios.

Como en anos anteriores, a participación dos comercio implica o seu compromiso de agasallar aos clientes con descontos do 10% ou o 15% cando consigan ese tipo de premios nas tarxetas que se lles entregarán coas compras. A Concellaría de Promoción Económica farase cargo do custe do resto dos premios, incluídas as experiencias e a viaxe que se sorteará.

Os establecementos interesados teñen de prazo ata o 26 deste mes de novembro para cubrir e enviar o formulario.

Ligazóns

Compartir: