Inicio Carballo ao día Avisos A Concellería de Igualdade convida aos...

A Concellería de Igualdade convida aos sectores do comercio e a hostalaría a unirse á campaña “Carballo en negro”

Xoves 8 de novembro do 2018

A Concellaría de Igualdade e Benestar convida aos sectores do comercio e a hostalaría a unirse á campaña da rede de Concellos en negro contra a violencia, da que forma parte Carballo.

Do 19 ao 26 de novembro viste a túa tenda, comercio, empresa, bar, posto do mercado... de negro. Viste os manequíns, os manteis do teu restaurante ou a ti mesmo/a de negro, e desde a Concellaría de Igualdade e Benestar enviarémosche material e información para facilitarche o traballo.

Se queres participar só tes que chamar aos números de teléfono 981 700 688 / 638123460 ou enviar un correo electrónico a carballoennegro@gmail.com cos datos do establecemento (nome e enderezo) e da persoa de referencia (nome, teléfono e correo electrónico) antes do 9 de novembro, e deseguida contactaremos contigo.

Compartir: