Inicio Carballo ao día Novas En marcha a quinta e última campaña...

En marcha a quinta e última campaña de lavado de contedores do ano, que se estenderá a todas as parroquias

Os preto de 1.000 colectores distribuídos por todo o noso concello reciben unha media de cinco limpezas cada ano

Mércores 10 de outubro do 2018

Durante todo este mes levarase a cabo a quinta e última campaña de lavado de contedores do ano. A empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Urbaser UTE, comezou pola zona de Baldaio, pero en só seis días levan percorrido xa numerosos lugares das parroquias de Cances, Goiáns, Oza, Verdillo, Sofán, Entrecruces, Lema, Bértoa, Artes, Rus, Aldemunde e Ardaña, onde irán completando a limpeza dos colectores de aquí a finais de outubro.

Na parroquia de Carballo laváronse esta semana os colectores da Brea e o Monte do Carme, pero está previsto realizar unha limpeza xeral tanto no resto dos núcleos rurais coma en todo o casco urbano. Deste xeito, ao longo do mes de outubro procederase ao saneamento dos preto de 1.000 contedores distribuídos por todo o concello.

Aínda que todos os contedores reciben unha media de cinco lavados ao ano, no caso de que se detecte algunha necesidade puntual debe poñerse en coñecemento da empresa concesionaria a través do número de teléfono 981 754 917, no enderezo electrónico info@carballolimpo.com ou a través do formulario de avisos da páxina web www.carballolimpo.com.

Compartir: