Inicio Carballo ao día Novas As augas das zonas de baño das praias...

As augas das zonas de baño das praias carballesas mantiveron esta temporada unha calidade excelente

A Consellería de Sanidade realizou entre maio e setembro 9 analíticas en cada unha das cinco áreas de baño nas que está dividido o litoral

Mércores 12 de setembro do 2018

O litoral carballés está dividido en cinco zonas de baño

O litoral carballés está dividido en cinco zonas de baño

A calidade das augas litorais no noso concello foi excelente en todas as zonas de baño e durante todo o verán, segundo os resultados das análises realizadas pola Consellería de Sanidade en Razo, Arnados, Pedra do Sal, As Saíñas e Ría de Baldaio, as cinco áreas nas que está dividida a costa carballesa, entre o 20 de maio e o 5 de setembro.  A presenza de escherichia coli e enterococo intestinal é practicamente inexistente na case totalidade das mostras, e en todos os casos está moi lonxe dos niveis permitidos tanto no Real Decreto 1341/2007, sobre xestión da calidade das augas de baño, como na Directiva 2006/7/CE da Unión Europea.

Nos documentos adxuntos poden consultarse tanto os resultados das analíticas en todas as zonas de baño como o Real Decreto 1341/2007 e na Directiva 2006/7/CE, nos que se establecen as clasificacións e os niveis de contaminación permitidos en cada unha das categorías. A clasificación das zonas de baño de cada temporada realízase en función dos resultados obtidos nunha serie de 16 analíticas, e de aí que en Arnados se mantivera este verán a cualificación de suficiente aínda que o ano pasado se acadara a excelencia en todos os resultados.

Descargas

Compartir: