Inicio Carballo ao día Avisos Últimas prazas para participar nos...

Últimas prazas para participar nos obradoiros do Horto Infantil Ecolóxico Municipal durante o curso 2018-19

Mércores 12 de setembro do 2018

Xa están en marcha os obradoiros do Horto Infantil Ecolóxico Municipal nas instalacións da rúa Nardos. Nos listados adxuntos poden consultarse as listaxes actualizadas de participantes en cada unha das quendas. Para a de martes e venres quedan tres prazas vacantes, e para todas poden realizarse anotacións en agarda en previsión das baixas que poidan producirse.

As familias interesadas nesta actividade, impulsada desde a Concellaría de Promoción Económica, poden informarse no Museo de Bergantiños ou chamando ao número de teléfono 981 709 012.

Descargas

Compartir: