Inicio Carballo ao día Avisos Exposición pública dos...

Exposición pública dos padróns fiscais correspondentes ao IBI e o IAE

Martes 28 de agosto do 2018

O Boletín Oficial da Provincia do 28 de agosto publica o anuncio de exposición pública dos padróns fiscais correspondentes ao Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) e o Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) do 2018. Os padróns estarán expostos durante un mes para que as persoas interesadas poidan comprobar a exactitude dos datos que lles afecten.

O período voluntario de pago das liquidacións resultantes estará aberto desde o 17 de setembro ata o 20 de novembro. Os recibos poderán facerse efectivos nas oficinas da Recadación Municipal (Camiño Novo, 7 - entreplanta). Os recibos domiciliados serán cargados nas contas bancarias a partir do 17 de outubro.

Descargas

Compartir: