Inicio Carballo ao día Avisos A Campaña de Carballo Limpo contra as...

A Campaña de Carballo Limpo contra as cabichas e as pipas continúa esta semana no mercado e na feira

Mércores 18 de xullo do 2018

A campaña de Carballo Limpo que puxemos en marcha hai uns días nas praias chega esta fin de semana ao casco urbano, onde ademais do problema das cabichas, tamén existe o das cascas de pipas.

A mesma instalación de lixo xigante que puidemos ver na praia, e que aparece na fotografía, estará situada, tanto o xoves 19 coma o domingo 22, coincidindo co mercado e a feira, na rúa Coruña, onde se procederá ao reparto de material divulgativo ao longo de toda a mañá.

Compartir: