Inicio Carballo ao día Avisos O punto limpo móbil non funcionará...

O punto limpo móbil non funcionará os festivos 25 de xullo e 15 de agosto

Martes 17 de xullo do 2018

Os días 25 de xullo e 15 de agosto non funcionará o punto limpo móbil, xa que coinciden en xornadas festivas. O resto do verán funcionará con normalidade. 

Durante o verán tamén tedes ao voso servizo o punto limpo do polígono industrial de Bértoa, onde podedes entregar os voluminosos todos os xoves e os sábados de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

Grazas pola vosa colaboración!

Compartir: