Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de solicitude do Bono Concilia...

Aberto o prazo de solicitude do Bono Concilia para a atención a infancia en escolas infantís de 0-3 anos non sostidas con fondos públicos

Mércores 4 de xullo do 2018

O 4 de xullo comeza a contar o mes de prazo establecido pola Consellería de Política Social para a solicitude do Bono Concilia, unha axuda económica ás familias para a atención a infancia en escolas infantís de 0-3 anos non sostidas con fondos públicos.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono concilia as familias residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:
a) Ter un fillo ou filla nacido ou nacida con posterioridade ao 31 de decembro de 2015.
b) Estar en calquera das circunstancias seguintes:

  1. Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2018/19 e non obtela, sempre que se exercese a opción do programa Bono concilia.
  2. Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2018/19 exercendo a opción do programa Bono concilia e que, tendo dereito por puntuación a unha praza, o horario demandado non coincida co de apertura da escola infantil, porque ambos/as os/as proxenitores/as traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas, circunstancia que se acreditará documentalmente.
  3. Obter praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2018/19 e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida.
  4. Ter obtido axuda deste programa no curso 2017/18 e solicitala para a mesma nena ou neno.
  5. Ter un fillo ou filla que renove a axuda deste programa para o curso 2018/19 e solicitala para un irmán ou irmá.
  6. Residir en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.
c) Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas ou entes privados que, en concorrencia coa regulada nesta orde, supere o custo da praza.
d) Escolarizar o neno ou nena nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos que conte coa autorización pertinente segundo o establecido no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección de servizos sociais en Galicia.

Máis información no documento adxunto e/ou no departamento de Servizos Sociais (antigo ambulatorio), na Avenida do Ambulatorio de Carballo.

Descargas

Compartir: