Inicio Carballo ao día Novas A piques de comezar as obras de mantemento e...

A piques de comezar as obras de mantemento e reparación de 27 rúas e dúas rotondas do casco urbano

Evencio Ferrero asinou o contrato coa empresa que realizará os traballos, Construcciones López Cao

Martes 24 de abril do 2018

A sinatura do contrato tivo lugar na Alcaldía

A sinatura do contrato tivo lugar na Alcaldía

O alcalde, Evencio Ferrero, asinou coa empresa Construcciones López Cao o contrato para a execución das obras de mantemento e reparación da rede viaria do casco urbano, nas que o Concello de Carballo investirá 77.984,50 euros. Os traballos comezarán en breve.

O obxectivo, como se explica no proxecto técnico, é realizar un labor de mantemento correctivo nunha superficie total de 7.731,50 metros total correspondente a 27 rúas e 2 rotondas: Antón Fraguas, Pintor Colmeiro, Avenida de Bergantiños, Brasil, Carballo Calero, Cuba, Ecuador, Eduardo Pondal, Gran Vía, Julio Galán, Río Lérez, Río Eo, Río Miño, Río Tambre, San Xoán Bautista, San Martiño, Santa Eufemia, Perú, Uruguai, Vicente Risco, Vila de Caión, Vila de Negreira, Vila de Noia, Andrés Gaos, Bolivia, Escultor Asorey e Muíño da Pintura, e o perímetro das glorietas das rúas Sol e Perú.

As rúas divídense en tres bloques en función do tipo de actuación precisa. No 67% da superficie será necesario realizar un fresado ata unha profundidade determinada para despois proceder á reposición da capa de rodaxe. En Antón Fraguas e Pintor Colmeiro realizarase un dobre rego asfáltico, e na Avenida de Bergantiños aplicarase unha lechada bituminosa tanto na zona de rodaxe como na de aparcamento. O prazo máximo de execución será de tres meses, e a vida útil das reparacións, segundo indican os técnicos, será moi superior a cinco anos.

Compartir: