Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de inscrición para a...

Aberto o prazo de inscrición para a carreira popular 10K, que se celebrará o domingo 17 de xuño

Martes 10 de abril do 2018

Xa podes inscribirte para a 10K, a carreira popular que organiza o Concello de Carballo desde hai oito anos. A cita será o domingo 17 de xuño, e as anotacións poderán realizarse ata o 13 de xuño ou ata acadar as 1.250 prazas nas categorías sénior e veteranos/as e as 750 o resto de categorías.

As inscricións poden materializarse dende o aloxamento web www.championchipnorte.com, e serán gratuítas para as categorías de base, mentres que para a carreira absoluta de 10.000 metros establécese unha cota simbólica de 2 €, ca que se agarda evitar inscricións de deportistas que logo non comparecen.

Ligazóns

Compartir: