Inicio Carballo ao día Avisos Programa de respiro para familias de persoas con...

Programa de respiro para familias de persoas con discapacidade intelectual 2018

Mércores 31 de xaneiro do 2018

O programa de respiro para familias de persoas con discapacidade intelectual é un servizo que ofrece FADEMGA a familiares-coidadores e que se ocupa temporalmente do coidado da persoa con discapacidade, a través de estancias longas, medias ou de fin de semana en residencias ou en quendas programadas. Tamén hai a opción de solicitar apoios puntuais (canguros) no domicilio familiar ou na entidade (para facilitar a participación das familias nas actividades dirixidas a elas).

Está destinado a proporcionar medios facilitadores para que as familias de persoas con discapacidade intelectual podan afrontar mellor o seu día a día, ofrecéndolles un espazo de descanso e tranquilidade.

Entre os beneficios que aporta este tipo de servizo cabe destacar o feito de que facilita a permanencia no entorno familiar da persoa con discapacidade intelectual, evitando así a súa inclusión en programas de maior custe tanto económico como social.

O programa tamén prevé situacións de crise familiar ou persoal, favorece dinámicas familiares e de parella normalizadas e evita o desarraigo e deterioro das familias, favorecendo a integración no medio, e a solidariedade cidadá para coas persoas con discapacidade intelectual.

Prazos

Toda a documentación deberá chegar a Fademga Plena inclusión Galicia cun mínimo de 15 días de antelación á data da realización da estancia en instalacións comunitarias solicitada.
Para as estancias en instalacións comunitarias programadas do verán, deberán presentar as solicitudes antes do 31 de maio (reservaranse 4 prazas por estancia para aquelas que presenten a solicitude máis tarde, pero sempre cun mínimo de 15 días).

Apoios puntuais individuais:
Toda esta documentación deberá chegar a Fademga Plena inclusión Galicia cun mínimo de 10 días de antelación á data do comezo do servizo.

Solicitude de Transporte Adaptado
O Servizo de Transporte Adaptado é un servizo público autonómico de carácter social que achega ás persoas con discapacidade e/ou dependentes a programas, centros ou servizos, en condicións de máxima seguranza, cos medios necesarios e coa presenza dun/dunha monitor/a acompañante. Calquera persoa que teña recoñecida a condición de persoa usuaria pode solicitar este servizo. 
Requisitos que debe cumprir o solicitante de transporte adaptado.
Accede aquí á solicitude

Ligazóns

Compartir: