Inicio Carballo ao día Avisos Participa na elaboración do plan de...

Participa na elaboración do plan de acción das políticas de promoción da igualdade entre homes e mulleres na provincia da Coruña

Venres 12 de xaneiro do 2018

Compartimos plan é a estratexia para elaborar, de maneira participativa, un estudo de diagnose e plan de acción das políticas de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención da violencia de xénero na provincia da Coruña. O traballo, que ten un prazo de desenvolvemento de 18 meses, comezou cunha fase de información ás entidades locais, así como aos diferentes axentes chave en materia de igualdade, sobre o proxecto.

Na actualidade desenvólvese a segunda fase, que ten como obxectivo a elaboración dunha diagnose a partir da información recompilada a nivel local e provincial. A participación veciñal é imprescindible, e por iso desde a Concellaría de Igualdade e Benestar animámosvos a cubrir os formularios que atoparedes a continuación. Hai un específico para poboación en xeral e outro para entidades e asociacións. 

Estes cuestionarios estarán operativos ata o 16 de febreiro de 2018. Para aclarar calquera dúbida ou realizar calquera suxestión podedes contactar a través do correo info@compartimosplan.com ou do teléfono 608201251.

Ligazóns

Compartir: